A Xunta di que non hai máis xulgados de violencia de xénero porque "dependen de Madrid"

Diego Calvo di que esixe dun "procedemento" a nivel estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2022 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, manifestou que a creación de novos xulgados de violencia de xénero esixe dun "procedemento", ao ser preguntado polas demandas do BNG para que se dote a Galicia de máis tras o último caso ocorrido en Carballo.

A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa entrega duns vehículos para emerxencias aos municipios de Muros e Ortigueira, trasladou o rexeitamento "máis contundente" ao último caso de violencia de xénero.

En canto á creación de novos órganos xudiciais, lembrou que hai unha comisión mixta entre o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e a Xunta que analiza as necesidades, pero que a última decisión corresponde a nivel central.

"Nós encantados de que Madrid nos dea máis unidades", asegurou Diego Calvo, quen incidiu en que a Xunta ten que seguir para iso "o procedemento".

Diego Calvo, nunha reunión da xunta directiva provincial do PP
Diego Calvo, nunha reunión da xunta directiva provincial do PP | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta