A lei que prohíbe a venda a perdas dos gandeiros segue sen cumprirse

Así o denuncia Unións Agrarias despois de cinco meses co texto en vigor.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2022 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) instou ás industrias lácteas a cumprir a lei de cadea alimentaria e garantir prezos que permitan a rendibilidade de todas as explotacións, de modo que se cubran os custos de produción dos produtores.

Nun comunicado con motivo do Día Mundial do Leite, a organización destaca que os "incumprimentos" para que os produtores teñan prezos xustos polo seu leite "seguen producíndose", de modo que reclama ás administracións que fagan cumprir a norma e impoña sancións.

Remarca que Galicia conta co 55% dos gandeiros lácteos do Estado e produce o 40% do leite do país, pero "continúa á cola" en prezos, pois cobran un céntimo menos que a media e tres céntimos de comunidades veciñas como Asturias.

"As tímidas subidas rexistradas nos últimos meses seguen moi lonxe de garantir a rendibilidade do conxunto das explotacións da nosa comunidade, onde unha gran parte dos produtores continúan percibindo prezos insuficientes para cubrir os custos de produción", sinala Unións Agrarias,

Nesta liña, avisa de que a forte subida de electricidade, combustible, pensos ou fertilizantes non se traduciu en incremento de prezos que reciben os gandeiros pola súa produción. Igualmente, Unións Agrarias resalta que a reforma da lei de cadea "non resolve os efectos que a posición de forza das industrias causa á hora de asinar os contratos de recollida de leite", coa ausencia de figuras como a dun mediador.

Unha máquina de ordeño ordeña a unha vaca na granxa Lacturale /Europa Press / Europa Press
Unha máquina de ordeño ordeña a unha vaca na granxa Lacturale /Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta