Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2022 | Actualizada ás 13:30
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asegurou este mércores que a situación de "colapso sanitario" que vive a sanidade pública galega debe "protagonizar claramente" a reunión que manterá co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o vindeiro luns. En declaracións aos medios antes de participar nun acto na Coruña, o líder dos socialistas galegos sostivo que non é o PSdeG quen denuncia a situación, senón que "por primeira vez na historia da democracia dino os xefes de servizo de todos os hospitais galegos".
Estes, explicou, "están a denunciar o colapso sanitario, o déficit de xestión ou a irresponsabilidade na asignación a estes colectivos de tarefas que non son médicas". O responsable socialista puxo o acento sobre a situación de "persoas nos servizos de Urxencias ateigadas polos corredores, esperando 48 horas para poder ter unha simple habitación".
"A situación de colapso sanitario", sinalou, esténdese ás "tardanzas inxustificables, indefendibles e inexplicables" na Atención Primaria á hora de facer "un mínimo diagnóstico", cunha clara deterioración da atención hospitalaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.