Excarcerada unha muller que saíu da vía co seu vehículo en Ferrol

Os axentes da Policía Local, avisados polo 112 Galicia, confirmaron que a muller foi a única afectada o accidente.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 01/06/2022 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

Unha muller que quedou atrapada no seu vehículo, co que sufriu unha saída de vía na parroquia ferrolá de Marmancón, tivo que ser liberada e trasladada ao hospital.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 9,30 horas deste mércores á altura de Canteiras Ferrolás.

Ata o lugar acudiron os bombeiros da cidade para liberar á muller e facilitar a asistencia dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen, despois de ofrecer os primeiros coidados, trasladaron a ferida ao Hospital Arquitecto Marcide.

Pola súa banda, os axentes da Policía Local, avisados polo 112 Galicia, confirmaron que a muller foi a única afectada o accidente.

Sede do 112
Sede do 112 | Fonte: Axega 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta