Sanidade espera en "horas ou días" ter o informe sobre unha intoxicación alimentaria nun colexio de Cedeira

"Está a facerse a investigación. Este pasado martes e o luns estiveron alí os técnicos e aínda non está finalizado o informe", explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, preguntado pola orixe da intoxicación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2022 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade investiga unha intoxicación alimentaria nun colexio do municipio coruñés de Cedeira e espera ter en "horas ou días" o informe dos técnicos.

Así o informou este mércores, a preguntas dos medios, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen puntualizou que "en próximas horas ou días" o seu departamento contará con "unha análise e un diagnóstico definitivo".

"Está a facerse a investigación. Onte (martes) e o luns estiveron alí os técnicos e aínda non está terminado o informe", explicou o conselleiro preguntado pola orixe da intoxicación.

Fontes da área sanitaria ferrolá, nesta liña, confirmaron que houbo unha intoxicación alimentaria e sinalaron que se enviaron aos inspectores de Sanidade e están pendentes de coñecer os resultados.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta