Unha de cada tres empresas de máis de 50 empregados non cumpre coa contratación de persoal con discapacidade

Entre 2018 e 2019, realizáronse controis en 357 compañías, con incumprimentos detectado en 105 casos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2022 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Unha de cada tres empresas galegas de máis 50 empregados non cumpre coa contratación de traballadores con discapacidade, e é que deben reservar o 2% dos postos para este fin.

Así o expuxo a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, con base nas actuacións de Inspección Laboral. Entre 2018 e 2019, realizáronse controis en 357 compañías, con incumprimentos detectado en 105 casos. Pola súa banda, no primeiro trimeste de 2022 houbo 111 inspeccións.

Aínda que dous terzos das compañías en Galicia de máis de 50 empregados cumpren con esta obrigación de contratar a persoas con discapacidade, Mancha fixo un chamamento ao resto para que "adopten medidas que non só demostren o cumprimento da lei, senón a súa preocupación e compromiso co colectivo discapacitado".

Este xoves, Mancha participou na clausura dunha xornada sobre emprego inclusivo, organizada pola Asociación de empresarios da mediana e pequena empresa da provincia de Pontevedra (Aempe). O Goberno galego destina 40 millóns estes anos ao Plan Emprega Discapacidade-Exclusión Social para mellorar a empregabilidade e a formación profesional no colectivo.

Traballador Con Discapacidade De Lantegi Batuak
Traballador Con Discapacidade De Lantegi Batuak

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta