Condenan a prisión comunicada e sen fianza aos tres detidos en Ourense e Vigo por tráfico de drogas

Esta é unha das dúas operacións contra o tráfico de drogas durante desta semana se levaron a cabo en Ourense e que deron como resultado unha decena de detencións.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/06/2022 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución nº1 de Ourense decretou este xoves prisión provisional comunicada e sen fianza para os tres detidos esta semana nunha operación contra o tráfico de drogas na cidade, que tamén tivo ramificacións en Vigo.

Segundo informaron fontes xudiciais, os tres detidos --dous deles en Ourense e un en Vigo-- pasaron este xoves a disposición xudicial, que decretou o seu ingreso en prisión por un delito contra a saúde pública.

Esta é unha das dúas operacións contra o tráfico de drogas que ao longo desta semana se levaron a cabo en Ourense e que deron como resultado unha decena de detencións.

No outro operativo, instruído polo xulgado número 3 da cidade das Burgas, foron detidas sete persoas, que está previsto que pasen tamén este xoves a disposición xudicial.

Imaxe dun coche da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL
Imaxe dun coche da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta