As grandes empresas que queiran optar a fondos de transición xusta deben manifestalo antes do 23 de xuño

Rueda avanza as axudas de 111 millóns para proxectos tractores nas zonas afectadas polo peche de térmicas, que mobilizarán uns 400.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/06/2022 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou unha convocatoria de 111 millóns de euros procedentes do Fondo de Transición Xusta que aspiran mobilizar uns 400 millóns, Poden optar empresas pequenas, medianas e grandes, pero estas últimas teñen un período de manifestación de interese, que abrirá este 4 de xuño e conclúe o 23 para presentar a súa intención de concorrer.

O titular da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello
O titular da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

Explicouno Rueda ao termo da reunión do Consello no que se analizou o informe que incumbe a estas axudas, presentado pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, que dirixe Francisco Conde.

Este fondo ten como obxectivo identificar e impulsar proxectos tractores que permitan a transformación do tecido empresarial galego e xestionarao a Administración galega. Así, pretende ter un impacto económico e social positivo nas zonas afectadas pola denominada transición enerxética, que no caso de Galicia correspóndese coa provincia da Coruña polo peche das centrais de Meirama e As Pontes.

"A poboación está a pedir certezas, polo que son necesarios apoios concretos e, sobre todo, novos proxectos empresariais", remarcou Rueda, quen asegurou que as pemes son as principais destinatarias destes fondos, que aspiran a "impulsar proxectos tractores que permitan a transformación do tecido empresarial nestas zonas, que xeren novas oportunidades nas pemes e que faciliten un plan de desenvolvemento territorial sustentable e de futuro".

Con este fin, habilítase un período de manifestación de interese, un requisito do Goberno central, o que implica que quedarán excluídas ás grandes empresas que agora non se presenten, unha vez publicada a convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) este venres (entre o 4 e o 23 de xuño).

As grandes empresas interesadas deberán achegar información sobre a propia entidade e o proxecto proposto, así como a súa localización no territorio elixible. Pola súa banda, o Igape e o Inega, en cooperación co Goberno central, estudarán as manifestacións de interese recibidas, avaliando a súa viabilidade e compatibilidade co regulamento do fondo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta