O xulgado obriga o Concello de Lugo a pagar 510 euros de complemento de produtividade a un policía local

Corresponde ao traballo que fixo en 51 noites entre os anos 2018 e 2019.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 02/06/2022 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo obriga o Concello da cidade a pagar 510 euros a un policía local polo complemento de produtividade por traballar 51 noites entre os anos 2018 e 2019.

Axentes da Policía Local de Lugo
Axentes da Policía Local de Lugo | Fonte: POLICÍA DE LUGO

O fallo, ditado o pasado 18 de maio, parte dun recurso presentado polo axente contra a desestimación por parte do ente local --por silencio adminisrativo, é dicir, por non contestar-- a abonarlle 710 euros por traballar 71 noites ata maio de 2020.

No proceso xudicial, o Concello xustificou a falta de pagamento con que desde xullo de 2019 existía un regulamento con novos criterios sobre a distribución do complemento en cuestión

Con todo, a maxistrada-xuíz advirte no fallo que "non é posible aceptar ningunha sorte de aplicación retroactiva" do novo acordo, que aínda "non tiña vida xurídica". Por iso, a sentenza obriga ao pago non das 71 noites que se reclamaban, senón das 51 ata o momento en que o novo procedemento aínda non estaba en vigor, ademais das costas procesuais.

Por mor deste fallo, que é firme, o sindicato CSIF celebra o pago do complemento de produtividade e chama á "responsabilidade e a coherencia" do Concello de Lugo para que "regularice a situación na que se atopan máis de 100 axentes".

O sindicato ameaza con volver aos tribunais "co consecuente quebranto para as arcas públicas que suporía unha fervenza de sentenzas iguais, en forma de costas e intereses".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta