Os sindicatos manteñen a folga no metal na provincia da Coruña e ven a proposta patronal "insuficiente"

Indican que, cada vez, se introducn "elementos que precarizan máis o sector do metal".

Por E.P. | A CORUÑA | 03/06/2022 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

Os sindicatos CIG, UGT e CCOO confirmaron que manteñen a convocatoria de folga no sector do metal na provincia da Coruña, "a non ser que o vindeiro luns, 6 de xuño, na nova reunión que temos da mesa negociadora, a patronal asuma e acepte as nosas reivindicacións".

Nun comunicado, afirman que "non son certas" as informacións difundidas pola patronal en relación ás súas propostas na última reunión celebrada. Sobre ela, os empresarios apuntaron a unha proposta de incremento salarial do 10% entre 2021 e 2024.

"Aínda que é certo que froito do éxito da folga e da unidade na loita de todas e todos os traballadores a patronal fixo algún tipo de movemento, estes movementos foron totalmente insuficientes", afirman.

Respecto diso, indican que "á vez que segue tentando introducir elementos que precarizan máis o sector do metal, a patronal segue insistindo en non recoñecer os elementos principais que levaron a convocatoria desta folga: a subrogación e o mantemento do poder adquisitivo".

Manifestación pola folga do metal na provincia da Coruña. M. Dylan - Europa Press
Manifestación pola folga do metal na provincia da Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta