Absolven unha exempregada de banca acusada de estafar a unha amiga que padecía unha deterioración cognitiva

Acusada e suposta vítima labraran unha relación de amizade como consecuencia do traballo da primeira, que traballaba nunha entidade bancaria á que acudía como clienta a segunda, quen recibía diñeiro en sobres facilitados pola procesada "de acordo co destino que se ía a dar a cada unha das cantidades".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2022 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A Audiencia da Coruña absolve a unha exempregada dunha entidade bancaria acusada de estafar a unha amiga que padecía unha deterioración cognitiva que a levou a ser internada nunha residencia.

A sección sexta da audiencia coruñesa, con sede en Santiago, considera que, a tenor das probas e testemuños solicitados no xuízo celebrado en setembro de 2021, a acusación "non ten a suficiente forza" para condenar á procesada, que se enfrontaba a unha petición de nove anos de cárcere por tres delitos, un de estafa continuado, un de apropiación indebida continuada e un de roubo con forza en casa habitada.

Nunha sentenza emitida o pasado 13 de maio e que foi trasladada aos medios este venres, os maxistrados determinan que "non se constatou ningún aproveitamento directo ou indirecto por parte da acusada do diñeiro retirado desas contas".

Acusada e suposta vítima labraran unha relación de amizade como consecuencia do traballo da primeira, que traballaba nunha entidade bancaria á que acudía como clienta a segunda, quen recibía diñeiro en sobres facilitados pola procesada "de acordo co destino que se ía a dar a cada unha das cantidades".

Así o recoje o fallo xudicial, no que os xuíces apuntan que a condena "habería de realizarse en base a unha proba indiciaria" pois "non existe ningunha proba" de que a procesada obtivese "algún beneficio ilícito" coas retiradas de efectivo que realizaba das contas da suposta vítima.

"Nin se observan incrementos nas súas contas, nin gastos especiais, nin compras anormais de bens nin ningún outro dato directo ou indirecto relevante dun incremento patrimonial ou monetario anormal", remarca a sala na súa sentenza, contra a que cabe recurso de apelación ante a Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Por último, os xuíces tamén resaltan que "non queda con certeza acreditado" que a suposta estafada "padecese unha deterioración cognitiva grave", canto menos, ata finais de decembro de 2018 ou principios de 2019.

Audiencia Provincial da Coruña.
Audiencia Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta