Unidade entre PP, BNG e PSdeG para declarar a rata toupa unha praga na montaña de Lugo

Piden á Xunta o control desta especie.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/06/2022 | Actualizada ás 15:56

Comparte esta noticia

O Parlamento galego demandou, por unanimidade tras unha proposta do BNG transaccionada, que se intensifiquen as medidas de control da rata toupa na montaña de Lugo, así como que se sigan cos trámites para a declaración desta especie como praga.

Rata toupa
Rata toupa | Fonte: Wikimedia.

Na comisión de Agricultura, saíu adiante esta proposta que tamén pide impulsar novos pastos nas zonas afectadas de montes veciñais e mellorar os existentes en compensación pola perda de forraxe.

A deputada Carme Aira (BNG) esixiu un "plan de choque urxente" ante os danos ocasionados por esta especie nos concellos de Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita, Triacastela, Samos, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio e Sarria.

Incide en que se pide o seu control, "non o exterminio da especie". Explica que na década dos anos 2000 produciuse unha grande explosión de ratas toupa, que se liquidou co envelenamento masivo por "ratribón", que "reduciu drasticamente o número de exemplares, pero que tivo como efecto secundario a alta mortalidade entre a fauna salvaxe que se alimentou de ratas moribundas e os seus cadáveres".

Agora, vívese unha problemática de ata "1.000 exemplares por hectárea" nalgún destes concellos, xa que se reproducen cinco veces por ano a razón de seis crías por camada. As capturas computadas en 2021 foron 30.000. Lamenta que diferentes solucións químicas e biolóxicas non deron resultado definitivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta