Tanxugueiras reivindica o "autocoidado" en 'Desidia', a súa nova canción

O novo tema xa está dispoñible en plataformas dixitais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/06/2022 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

Tanxugueiras lanzou este venres o sei sinxelo 'Desidia', que formará parte do seu novo disco --o terceiro--, e que verá a luz en próximas semanas. Este novo tema, que xa está dispoñible en plataformas dixitais, é unha reivindicación da "necesidade do autocoidado".

Foto do videoclip Desidia, de Tanxugueiras, protagonizado por Carla Cervantes e Justin de Jager. POLARIDE
Foto do videoclip Desidia, de Tanxugueiras, protagonizado por Carla Cervantes e Justin de Jager. POLARIDE | Fonte: Europa Press

As cantareiras Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro interpretan este tema na 'Xira Midas' e empregan nel un símil co baile para narrar o proceso de escoita e liberación da culpa para avanzar no camiño.

"Ás veces é necesario parar e escoitar o noso corpo. Entender o que nos di e o que nos pide, sen que nos teñamos que sentir culpables por non ser, non dar, non chegar ao que se nos esixe ou autoesiximos. Temos que sentirnos libres desa falsa culpa. Podemos parar, sen ser xulgadas, para poder volver, gozar de nós e dos nosos movementos e pisar máis forte aínda", sinalan.

'Desidia' narra o proceso do descubrimento e aceptación da necesidade real do autocoidado. A música e as letras, inspiradas na música tradicional galega e na lírica popular, profundan nese camiño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta