O congreso sobre diversidade e tolerancia da Deputación da Coruña celebrarase os días 10 e 11 de xuño

Segundo a deputada provincial e responsable desta área, María Muíño, o congreso xurdiu en 2021 para profundar "na perspectiva social, política e humana da diversidade".

Por E.P. | A CORUÑA | 03/06/2022 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña celebrará os días 10 e 11 de xuño, no Pazo de Mariñán, en Bergondo, a segunda edición do congreso 'A memoria diversa', unha das actividades da campaña de 'Liberdade de ser e de sentir' da área de Igualdade.

Segundo a deputada provincial e responsable desta área, María Muíño, o congreso xurdiu en 2021 para profundar "na perspectiva social, política e humana da diversidade".

Na iniciativa participan colectivos LGTBQI+ cos que a Deputación colabora "porque só desde a participación e a coordinación podemos avanzar", sinala a representante do organismo provincial.

A deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, María Muíño.. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, María Muíño.. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta