As dúas carreiras con máis saída en Galicia: medicina e enfermaría

Galicia ocupa o oitavo lugar entre comunidades con maior ofertas de emprego que buscan titulados universitarios, co 4,8% do total nacional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2022 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Medicina (e biomedicina) é a titulación con máis saída profesional na comunidade galega, xa que o 19,54% das ofertas de emprego que requiren estudos universitarios fan referencia a ela, segundo o informe 'Infoempleo Adecco 2021: Oferta e demanda de emprego en España'.

A segunda posición ocúpaa enfermaría que, aínda que perde o liderado polo imparable crecemento de Medicina, segue sendo unha titulación moi buscada. O seu peso específico ascende a un 17% das ofertas. Ao terceiro lugar sobe, tras avanzar nove graos, o dobre grao en Administración de empresas e Dereito (6,12% das ofertas).

Na comparativa deste top 3 coas titulacións máis demandadas a nivel estatal, obsérvase que en España as carreiras con maior empregabilidade son tamén Medicina, co 13,41% das ofertas, e Enfermaría (12,42%), pero en terceira posición está ADE (5,36%).

En cambio, tras anos liderando esta clasificación, ADE cae en Galicia ao cuarto posto (4,3% das ofertas). Galicia ocupa o oitavo lugar entre comunidades con maior ofertas de emprego que buscan titulados universitarios, co 4,8% do total nacional.

Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
Facultade de Medicina de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta