Descenden os ingresados e casos activos por covid-19, pero aumentan os novos positivos

O Sergas notifica 870 contaxios novos e tres falecementos máis.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/06/2022 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Os casos activos de coronavirus en Galicia volven rexistrar un lixeiro descenso e a Consellería de Sanidade notificou este sábado 8.993 persoas coa enfermidade activa en Galicia. Esta cifra supón 10 persoas menos que as contabilizadas este venres. Por contra, soben os novos contaxios rexistrados, con 870 novos casos, 103 máis que este venres, cando se rexistraron 767, e continúa en descenso a presión hospitalaria ao contabilizar 398 ingresados, 36 menos.

Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela
Terrazas de restaurantes cheas de xente durante o segundo día da apertura parcial da hostalaría en Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Segundo os datos actualizados este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), con rexistros ata as 18,00 horas do venres día 3, os hospitalizados por Covid baixan a 398 en planta, pero soben a 23 en UCI --tres máis que hai 24 horas--.

Por áreas sanitarias, Vigo rexistra un descenso no número de hospitalizados con 52 --11 menos que o venres-- e mantéñense tres en UCI. Na área sanitaria da Coruña descenden os hospitalizados en planta ata os 108 --6 menos-- e na Unidade de Coidados Intensivos hai unha persoa máis, tres.

Polo demais, Ourense contabiliza 43 pacientes en planta (tres menos) e dous en UCI, os mesmos que este venres; Pontevedra conta con 63 persoas en unidades convencionais e seis en coidados intensivos (tres máis); en Ferrol son 28 os hospitalizados en planta (dous menos) e catro en UCI (un menos); en Santiago hai 70 pacientes en unidades convencionais (tres menos) e dous en críticos (sen cambios); e en Lugo rexistran 34 hospitalizados en planta (nove máis) e tres en coidados intensivos (sen cambios).

DESCENSO CASOS ACTIVOS

Os casos activos descenden lixeiramente tras dous días consecutivos de ascenso e sitúanse nos 8.993. Son 10 menos que o venres, xa que, aínda que se rexistraron máis novos contaxios (+870), houbo máis altas que altas (+876), ao que se suman tres falecementos.

Por áreas sanitarias, o número de infeccións activas descende en catro: na Coruña-Cee contabilízanse 1.869 casos activos (50 menos); en Ferrol, 505 (24 menos); en Lugo, 939 (12 menos); e en Ourense, 1.275 (tres menos).

Con todo, aumenta o número de casos activos en Vigo, onde se rexistran 1.843 (+19); en Pontevedra, 977 (+7); e na área sanitaria de Santiago-Barbanza, 1.576 (+54).

MÁIS CONTAXIOS

Os novos contaxios de covid-19 detectados en Galicia ascenden este sábado, ao sumarse 870 (103 máis que na xornada anterior, cando se rexistraron 767). Co novo protocolo xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral, agás á vulnerable.

Por áreas, a de Vigo sitúase á cabeza con 182 novos positivos, seguida de preto pola Coruña-Cee e Santiago-Barbanza, que rexistran 165 novos contaxios. Tras estas, están Ourense (+122), Pontevedra (+95), Lugo (+93) e Ferrol (+48).

Por tanto, os contaxiados desde o inicio da pandemia ascenden en Galicia a 620.223, dos cales 140.089 corresponden á área de Vigo; 128.388 á da Coruña; 98.512, á de Santiago; 75.580, á de Ourense; 70.840, á de Pontevedra; 68.157, á de Lugo; e 37.771 , á de Ferrol.

VÍTIMAS E CURADOS

As vítimas da pandemia da covid-19 en Galicia rexistradas na web do Sergas ascenden a 3.517 ao notificar a Consellería de Sanidade este sábado tres falecementos máis correspondentes a días anteriores. Todos eles contaban con patoloxías previas e rexistráronse o día 2 de xuño.

Dous dos óbitos pertencen á área sanitaria da Coruña-Cee, en concreto trátase dun home de 80 anos e unha muller de 82. Ademais, tamén faleceu un home de 75 anos na área sanitaria Pontevedra-O Salnés.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta