Denuncian un novo colapso no servizo de Urxencias do CHUS con seis pacientes graves nos corredores

A Asociación de Pacientes e Usuarios do Hospital de Santiago critica que outros 30 estaban agardando por unha cama este pasado sábado.

Por E.P. | Compostela | 05/06/2022 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Novo colapso nas Urxencias do Hospital de Santiago (CHUS). Así o denuncia a Asociación de Usuarios e Pacientes que di que ás 14:00 horas deste pasado sábado, seis pacientes clasificados pola triaxe como graves en cadeiras e padiolas agardaban a ser atendidos nos corredores de acceso. Ademais, outros 30 pacientes co ingreso asinado estaban agardando pola cama hospitalaria, algúns deles con esperas superiores a 24 horas."Esta tónica mantívose ao longo de toda a semana, ca sala de observación chea de pacientes en espera de ingreso hospitalario", indica nun comunicado.

Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario
Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario | Fonte: Asociación de Usuarios do CHUS.

Este pasado venres foron atendidos no servizo de urxencias de adultos 331 pacientes o que indica unha demanda moderada fronte aos picos de atención que en algún momento do ano poden chegar ao 545.  A porcentaxe de ocupación das camas está situado 59,75 por 100 cun total de 801 pacientes hospitalizados, e 713 camas instaladas susceptibles de ser postas a disposición.

"Os datos anteriores recollidos do Pulso do CHUS indican que a pesares de existir recursos para súa posta a disposición no momento en que se produce a demanda polos facultativos, os responsables da xerencia e o coordinador do servizo optan por seguir utilizando as urxencias como un almacén de pacientes e por facer un uso do servizo contrario a súa natureza legal e asistencial", indica a entidade.

"Prefiren someter aos pacientes ao maltrato que representa a vulneración da nosa intimidade e dignidade, colocándonos nos corredores de acceso a pesares de ser clasificados como graves e polo tanto con demanda inmediata de atención", engade. Por iso, esixe a posta en funcionamento de todas as camas dispoñibles e que se poña fin a esta práctica que violenta os nosos dereitos fundamentais como persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galego exiliado

Pobres. Si polomenos tiveran TV e Wifi gratis, como propón Moreno na Andalucía....Claro que eso, como dixo Ayuso, sería Marxismo Sanitario. Mellor seguir como hata o de agora con recortes e peches, que pa algo Galiza vota neoliberal e ó desGoberno vaille ben así, e os galegos so protestan no bar non nas urnas. Mágoa que non poidan ver os telexornais da galega e os sálvemes