O Goberno central apoia a instalación en Ferrol dunha planta de ensamblaxe de estruturas eólicas

É un proxecto de Nervión Naval Offshore para o porto exterior de Caneliñas.

Por E.P. | Ferrol | 06/06/2022 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), asegurou que "o Goberno central mostra o seu apoio ao proxecto de Nervión Naval Offshore para instalar en Ferrol unha planta de ensamblaxe de estruturas de eólica mariña". Así se pronunciou ao finalizar a reunión que mantivo en Madrid co secretario xeral de Industria e da PEME, Raül Blanco; o vicepresidente de Nervión e responsable máximo da división industrial do Grupo Amper, Alfonso Sánchez; e o director xeral de Nervión Naval Offshore, Roberto Bouza, onde presentaron esta iniciativa.

O secretario xeral de Industria, Raül Branco, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato
O secretario xeral de Industria, Raül Branco, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato | Fonte: Concello de Ferrol.

Segundo Mato, "o Goberno central ten un compromiso total coa diversificación do sector naval" e esta proposta "encaixa perfectamente no Perte para a industria naval".

O rexedor remarca que "o Goberno é moi consciente" da importancia do sector naval e da "necesidade da súa diversificación", polo que este proxecto de Nervión "é moi interesante para Madrid".

Segundo o proxecto de Nervión, a materialización desta iniciativa suporía crear uns 300 postos de traballo, que se realizaría no porto exterior de Ferrol, nunhas instalacións que ocuparían 74.000 metros cadrados e tras un investimento de 25 millóns de euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta