Catro menores trasladados ao hospital en Ourense por consumo de alcol na fin de semana

Por E.P. | Ourense | 06/06/2022 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O concelleiro de Seguridade Cidadá de Ourense, Telmo Ucha, mostrou a súa preocupación porque a pasada fin de semana foi necesario trasladar ao hospital da cidade (CHUO) catro menores e a un adulto por consumo de alcol.

Así, o edil informa de que dará conta desta problemática á próxima xunta local de seguridade, á vez que empraza á implicación de todos os corpos policiais.

Por outra banda, o responsable de Seguridade valorou o traballo nas festas do Novo Barrocás, coa vixilancia "escrupulosamente para velar polo correcto cumprimento das normativas de seguridade". Explica que se sancionaron as deficiencias porque a organización "non cumpriu con todos os compromisos".

Entre outras intervencións, a Policía Local realizou nove actuacións a pasada fin de semana, cinco xudiciais e catro administrativas, cunha detección dun positivo por consumo de drogas.

Botellón
Botellón | Fonte: Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta