Tomé responsabiliza a Rueda de que a reunión con Formoso fose "decepcionante"

O presidente da Deputación de Lugo tamén pedirá unha reunión co titular da Xunta.

Por E.P. | Lugo | 07/06/2022 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

O secretario provincial dos socialistas de Lugo e presidente da Deputación, José Tomé, responsabilizou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de que a súa reunión co secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, fose "decepcionante".

José Tomé
José Tomé | Fonte: XdL

Tomé lamentou que no encontro "non houbo concrecións, foron cousas xenéricas". "O que necesitamos aquí é concretar cousas, porque a sociedade galega non pode estar a esperar que a alguén se lle ocorra concretar as cousas", avisa.

Lembra que hai "cousas moi importantes sobre a mesa, como é o tema sanitario, o tema enerxético ou industrial". "Desde o punto de vista desa concreción que me refiro, non saíu moito desa reunión e espero que haxa outras onde se poidan analizar mellor os temas e sacar conclusións útiles para os galegos", dixo.

Despois de que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, solicitase unha reunión "formal" con Rueda, Tomé deixou caer que el tamén fará o mesmo como presidente da Deputación, aínda que matiza que "aquí non se trata de ir á carreira para ver quen chega primeiro".

Nese sentido, anunciou que "haberá que solicitar unha reunión con toda a normalidade institucional do mundo e, a partir de aí, analizar aqueles temas de provincia".

"Paréceme ben que a alcaldesa o faga agora (pedir reunión co presidente da Xunta), porque ten temas importantes sobre a cidade que levan moito tempo agardando e que non os resolveu a Xunta ata agora, por tanto agardo que Rueda faga algo máis que Feijóo, e se fai algo, xa fixo bastante máis que Feijóo", concluíu Tomei.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta