O BNG impulsa iniciativas no Congreso para que se investigue o derrube do viaduto da A-6

Por E.P. | LUGO | 08/06/2022 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

O BNG impulsará no Congreso diferentes iniciativas para que se investigue o derrubamento do viaduto do Castro, ocorrido o pasado martes na autovía A-6, prómixo ao municipio lucense de Pedrafita do Cebreiro.

Neste sentido, Olalla Rodil, deputada no Parlamento galego por Lugo, advertiu de que "se deben explicar os motivos" da caída desta ponte, que "mantiña deficiencias estruturais e levaba case un ano de arranxos". Por iso, pide que se analice a seguridade non só neste punto, senón "en toda a infraestrutura".

Respecto diso, avisa de diferentes deficiencias na infraestrutura estatal en todo o seu trazado, dado que "o Estado mantén un abandono constante do mantemento e a conservación da rede viaria, como se puido contemplar neste caso da A-6". O Bloque lembra que xa realizou diversas peticións para mellorar o investimento desta infraestrutura, como ocurrión nas emendas aos últimos Orzamentos Xerais do Estado (PGE).

Olalla Rodil (BNG). BNG
Olalla Rodil (BNG). BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta