A Xunta mantén a prealerta por seca en toda Galicia-Costa

O nivel dos encoros de abastecemento permanece estable ao 93,7% da capacidade, un dato inferior ao ano pasado por estas datas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2022 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A Oficina Técnica da Seca da Xunta ratificou o mantemento do estado de prealerta por seca en toda a demarcación Galicia-Costa, tal e como avanzou o martes a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, presidiu este mércores unha nova reunión da Oficina Técnica da Seca, na que participaron, entre outros, técnicos, membros de Protección Civil, Meteogalicia e Consellería do Medio Rural.

A conca hidrográfica Galicia-Costa abarca a provincia da Coruña, parte da de Pontevedra e da de Lugo --máis do 70% da poboación galega-- debido ás escasas precipitacións caídas no último mes. Desde o mes de abril toda Galicia Costa está nesta situación e maio tamén foi moi seco, segundo a Xunta.

O Goberno galego insiste en facer un chamamento aos municipios para que elaboren os seus plans de emerxencia fronte á seca, así como para que a poboación adopte medidas de aforro de auga. Restrición de rega, limitación de enchido de piscinas ou reutilización de auga son algunhas das medidas a implementar.

O nivel dos encoros de abastecemento permanece estable ao 93,7% da capacidade, un dato inferior ao ano pasado por estas datas.

Oficina Técnica dá Seca da Xunta. XUNTA
Oficina Técnica dá Seca da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta