Pontevedra acollerá o primeiro Encontro Luso-Galaico de Festivais Audiovisuais

Contará cunha conferencia do director do festival de Sitges, Ángel Sala.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2022 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O Pazo Provincial, sede principal da Deputación de Pontevedra, acollerá os próximos días 17 e 18 de xuño o primeiro Encontro Luso-Galaico de Festivais Audiovisuais.

Esta é unha iniciativa impulsada por Proxecta, a coordinadora galega de festivais de cinema, unha asociación sen ánimo de lucro que defende e pon en valor as mostras de cinema e audiovisual de Galicia, así como a promoción dos contidos e valores artísticos e culturais que estes impulsan.

No acto de presentación deste Encontro, que tivo lugar este xoves, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou a aposta do Goberno provincial polo sector audiovisual "no que somos unha potencia".

O director de Novos Cinemas, Suso Novás, e promotor deste eventom incidiu en que "esta provincia debe ser un núcleo de unión con proxectos culturais que se desenvolven en Portugal". "Queriamos propor un encontro para intercambiar opinións, experiencias e, sobre todo, xuntar xente".

Para este primeiro Encontro Luso-Galaico organizáronse cinco mesas. A primeira vai profundar sobre as relacións entre as administracións e os festivais, como o seu concurso é necesario para implementar os proxectos "xa non só a nivel orzamentario senón tamén asesoramento, ideas ou posibilidades de establecer futuras sinerxías", explicou Suso Novás.

A segunda mesa ten como obxectivo analizar a importancia da marca 'Rías Baixas Filme Fest', capaz de "xerar contextos que son, posiblemente, os mellores de Galicia". A terceira ten como función falar deses axentes que adoitan a están ocultos nun festival como son os distribuidores e a formación.

A cuarta mesa tratará de explicar que supón a diversidade editorial de cada festival, "posto que ter temáticas diferentes en cada festival fai crecer ao territorio", apuntou Novás. Por iso estudarán cales son as súas achegas desde o punto de vista sociocultural, económico e mesmo "como viabilizan futuras sinerxías e relacións interinstitucionales".

A última mesa será unha 'masterclass' a cargo de Ángel Sala, escritor, guionista e crítico de cinema español, especialmente coñecido por ser desde 2001 o director do Festival Internacional de Cinema de Sitges. Na súa intervención, explicará como este pequeno municipio catalán é capaz de articular un proxecto cultural que ten unha enorme repercusión ata chegar a ser considerado como o mellor festival de cinema fantástico e de terror de todo o mundo.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presenta o Encontro Luso-Galaico de Festivais Audiovisuais.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presenta o Encontro Luso-Galaico de Festivais Audiovisuais.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta