Un 40% do alumnado de primaria está exposto a contido sexual en Internet

A comunidade experta advirte que é fundamental reforzar a alfabetización e a educación afectivo-sexual dixital.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A maioría da mocidade é usuaria habitual de Internet e cada vez inícianse a idades máis temperás. Case a metade das crianzas de primaria (40%) aseguran que viron contido sexual en Internet sen querer, segundo diferentes estudos de RECORRA-GINSO, programa especializado en saúde mental infanto-xuvenil.

Unha moza co seu móbil. Mocidade, teléfono móbil.. FUNDACIÓN DESCOBRE
Unha moza co seu móbil. Mocidade, teléfono móbil.. FUNDACIÓN DESCOBRE

Neste sentido, a comunidade experta considera que reforzar a albetización dixital e unha educación afectivo-sexual adecuada é clave para previr, reducir e evitar múltiples riscos como a exposición a contidos violentos, retos virais perigosos, o ciberacoso, ou a adicción ás redes e ás novas tecnoloxías.

"Crianzas e adolescentes son a poboación máis vulnerable ao facer uso das novas tecnoloxías e, por iso, é importante saber como potenciar os aspectos positivos das novas tecnoloxías e as redes sociais e minimizar os riscos que levan asociados". Jesús Villanueva, psicólogo sanitario e subdirector da Clínica RECORRA-GINSO, explica que "é importante acompañalos nos seus primeiros pasos en Internet, e compartir cos menores, segundo idade e nivel de madurez, algunhas redes e aplicacións para fomentar o uso e contido apropiado". 

Ante todo, explican as persoas expertas, "non se trata de demonizar ou prohibir a utilización das redes sociais". "É cuestión de que os adultos nos formemos e así poidamos educar coherentemente no seu uso responsable e seguro, para desenvolver nas crianzas as habilidades psicosociais que actúan como factores de protección, como o reforzo da autoestima, a empatía ou o pensamento crítico", apunta Villanueva.

Ademais, as redes sociais permiten crear comunidades, páxinas ou grupos que comparten intereses, inquietudes e pensamentos, de xeito que xeran un "sentido de rede segura" coa que tratar temas que, fóra de Internet, poden ser infrecuentes e minoritarios. En definitiva, explican os expertos, as redes sociais ofrecen aspectos positivos pero "é esencial coñecer o seu funcionamento para potencialos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta