O PP demanda no Congreso a activación da transferencia da AP-9 tras "oito meses de inxustificable atraso"

Fala de "anomalía" da que responsabilizan o "Goberno de Pedro Sánchez e Yolanda Díaz".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/06/2022 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

O PP demanda no Congreso a activación do relatorio lexislativo para a transferencia de titularidade e competencias da autoestrada AP-9 a Galicia. Os deputados populares Celso Delgado e Jaime de Olano censuran "oito meses de inxustificable atraso" desde a reunión constitutiva do relatorio, unha "anomalía" da que responsabilizan o "Goberno de Pedro Sánchez e Yolanda Díaz".

AP-9, Autoestrada do Atlántico
AP-9, Autoestrada do Atlántico | Fonte: Miguel Riopa - Europa Press.

En decembro de 2019, iniciouse a súa tramitación despois dun apoio unánime do Parlamento galego para o traspaso. O debate de toma de consideración no Congreso tivo lugar en febreiro de 2021.

O 21 de setembro de 2021 tivo lugar a reunión constitutiva do relatorio. Os populares apuntan que desde aquela "non se volveu reunir para levar a cabo os seus traballos", o que reproba "tendo en conta que se acordou, ademais, a súa tramitación polo procedemento de urxencia".

O PP critica que "o PSOE se negue á transferencia, limitándoa a un traspaso da responsabilidade da administración e explotación, mentres o BNG prefire porse de perfil".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O traspaso que o metan onde queiran... o que queremos os galegos é a GRATUIDADE TOTAL desta Estafa a favor de Audasa ! Pero diso ninguén sabe nada, o resto de autoestradas sí foron rescatadas con cartos públicos, agás a AP9 que pagamos como galegos sumisos ! "política de merda"