Aviso amarelo por forte vento na tarde deste sábado no litoral da Costa da Morte

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2022 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Un aviso amarelo por forte vento de nordeste (forza 7) afecta o litoral da Costa da Morte desde as 12,00 horas deste sábado e ata medianoite.

Segundo a información de Meteogalicia, nesta xornada de sábado intensifícase a circulación do nordeste, con ventos fortes no mar xunto a Fisterra.

Así mesmo, durante todo o domingo manterase o aviso amarelo por vento na Costa da Morte. Tamén se sumará a zona noroeste da provincia da Coruña, a partir das 9,00 horas, polo mesmo motivo.

Vento e ondas nun temporal no mar
Vento e ondas nun temporal no mar | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta