Unha muller morta e outra trasladada ao hospital tras convulsionar en dúas praia de Poio

Unha foi localizada inconsciente e flotando na beira do mar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2022 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu este sábado tras sufrir un desmaio na praia de Lourido, e outra tivo que ser evacuada da de Raxó, as dúas na localidade pontevedresa de Poio.

Segundo informou o 112 Galicia, a muller foi localizada inconsciente e flotando na beira do mar. Alí, un bañista logrou sacala da auga pero, a pesar dos esforzos, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Ademais, ata o lugar desprazáronse sanitarios do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado, a Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil.

Pola súa banda, a Policía Local de Poio trasladou que o suceso se produciu sobre as 15,40 horas. Nese momento recibían o aviso de que unha persoa sufrira unha parada cardiorrespiratoria no areal mencionado. Así mesmo, despois de varios intentos de reanimación por parte dos servizos sanitarios e de bañistas que se atopaban na zona, lamentaron que non foi posible salvarlle a vida.

Xente na praia
Xente na praia | Fonte: EP

EVACUADA

Por outra banda, outra muller necesitou ser evacuada tras sufrir unha indisposición cando se bañaba na praia de Raxó, no municipio pontevedrés de Poio.

A muller foi sacada da auga con convulsións, segundo explicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia. Ata o lugar acudiu o 061 para o traslado da afectada ao hospital de Montecelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sócrates

Aaaaai as repentinites!, andamos a pincharnos pócimas covidianas e logo pasan estas cousas. Non hai peor cego que o que non quere ver...

1 Conchi

A por la cuarta que no pasa nada