Temas: PP FEIJóO SENADO

O presidente do Senado: "Máis aló doutras cuestións, Feijóo poderá expor problemas de Galicia"

Ander Gil resta relevancia á incorporación do expresidente da Xunta á Cámara Alta.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/06/2022 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O presidente do Senado, Ander Gil, restou relevancia, no que á actividade da Cámara Alta se refire, á incorporación do expresidente da Xunta e presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, a esta institución. "Máis aló doutras cuestións, poderá expor problemas da comunidade autónoma", expresou.

O presidente do Senado, Ander Gil, firma no libro de honra do Parlamento de Galicia, xunto ao seu presidente, Miguel Santalices
O presidente do Senado, Ander Gil, firma no libro de honra do Parlamento de Galicia, xunto ao seu presidente, Miguel Santalices | Fonte: Europa Press.

Así, asegurou que a designación como senador autonómico "supuxo para os medios de comunicación un elemento extraordinario, pero non así para a práctica diaria da cámara, onde é habitual que senadores por designación autonómica tomen posesión".

No marco dunha visita oficial a Galicia --na que se reúne con representantes de distintas institucións estatutarias--, Ander Gil destacou, de feito, que a Cámara Alta "lle vai dar a oportunidade a Feijóo e, a calquera representante territorial, de expor os problemas da súa comunidade autónoma, máis aló doutras cuestións".

"Por tanto, conflúen diferentes intereses, creo que todos bos para a cidadanía, e nós estamos contentos da normalidade coa que se leva todo isto", apuntou o presidente da Cámara Alta.

Sobre a reforma do Senado, ao ser preguntado, Ander Gil defendeu a postura de quen piden unha modificación da Constitución para reformar o Senado e dotalo de "máis competencias lexislativas". Neste sentido, mencionou que acaba de chegar dunha visita de Alemaña na que "reafirmou a necesidade" da reforma constitucional en España.

Con todo, admitiu que "as condicións políticas non parecen as mellores" para realizar agora esta modificación, e apostou por "facer bo uso das competencias do Senado mentres chega esa reforma".

Temas: PP FEIJóO SENADO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta