Comesaña insiste en que o problema da sanidade pública "non é cuestión de pór diñeiro, senón de formar especialistas"

Di que quen ten a capacidade de formar estes profesionais son as unidades docentes que están reguladas polo Ministerio de Sanidade.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/06/2022 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu en que o problema da sanidade pública "non é cuestión de pór diñeiro, senón de formar especialistas" e puntualizou que quen ten a capacidade de formar estes profesionais son as unidades docentes que están reguladas polo Ministerio de Sanidade "que desde o ano 2018 leva sen dar ningún paso neste sentido".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña | Fonte: Xunta de Galicia.

Comesaña fixo estas declaracións antes da súa participación na xornada de actualización do Programa Galego de Atención ao Infarto de Miocardio a preguntas dos xornalistas sobre a petición realizada polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de que asigne "140 millóns de euros adicionais" nos próximos orzamentos para "equiparar o investimento en atención primaria de Galicia co resto do Estado".

Segundo argumentou o conselleiro, o problema que existe na sanidade, "na estatal e en particular na galega", é que non hai médicos especialistas formados e por este motivo "falar de investir 140 millóns de euros para contratar non se sabe moi ben a quen é canto menos arriscado".

"Falar de colapso en Atención Primaria é unha cuestión dunha gravidade importante", apostilou Comesaña e lembrou que este martes 14 de xuño haberá unha comparecencia no Parlamento galego "para falar deste tema".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta