Denuncian “graves déficits” de profesionais no hospital da Coruña

Traballadores do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña denuncian que teñen que atender a máis pacientes con menos medios.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/07/2014 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Máis pacientes para o mesmo número de médicos. Unha situación que pode provocar deficiencias na atención sanitaria. Iso é o que denuncian os traballadores do Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) que se concentraron este martes para esixir unha solución ao "grave déficit" de profesionais neste servizo e defender unhas condicións asistenciais e laborais "dignas".

As Urxencias do CHUAC quedaron sen luz por un apagón
As Urxencias do CHUAC quedaron sen luz por un apagón | Fonte: UC

Actualmente, o persoal de Urxencias ascende a 245 persoas, sen contar aos especialistas de garda, dos que 37 son médicos, 83 enfermeiras, 66 auxiliares, 41 celadores e o resto administrativos. Este número de profesionais ten que que atenden a un número de pacientes maior tras incrementar a superficie deste servizo a máis de 3.000 metros cadrados.

A edil socialista Silvia Longueira apoiou a concentración e rexeitou a "política de fotos e titulares do PP de Feijóo e Negreira visitando plantas que logo permanecen pechadas".

Neste sentido, os socialistas denunciaron nun comunicado o peche de plantas de Plástica e Neurocirugía no CHUAC; outras dúas plantas pechadas no Abente e Lago, e a de Paliativos no hospital de Oza, segundo informou o persoal sanitario.

"Unha vez máis os recortes do PP demostran que a sanidade tamén sofre as políticas da dereita", salientou Longueira, quen instou á Xunta e ao Concello da Coruña a que "deixen de utilizar o verán como xustificación para os recortes que se aplican durante todo o ano". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta