Sindicatos piden a Rueda unha alza de prezos en contratos públicos fronte á inflación

Os secretarios xerais de UGT e CC.OO. destacan como "cordial" a "primeira toma de contacto" co presidente da Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2022 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Os secretarios xerais de UGT e CC.OO., José Antonio Gómez e Amelia Pérez, mantiveron unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que foi "cordial" e serviu como unha "primeira toma de contacto", na cal demandaron unha alza de prezos nos contratos públicos do sector servizos e a apertura dunha mesa de diálogo de política social, que "non hai neste momento".

Ruenión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e os secretarios xerais de UXT e CC.OO, José Antonio Gómez e Amelia Pérez. ANA VARELA
Ruenión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e os secretarios xerais de UXT e CC.OO, José Antonio Gómez e Amelia Pérez. ANA VARELA | Fonte: Europa Press

En declaracións tras o encontro en Santiago, José Antonio Gómez valorou o encontro "positivamente" en "termos globais" co fin de "reactivar o diálogo social". Unha das preocupacións que se trasladou foi "a caída" do peso do sector industrial en Galicia, para o que se remarca a importancia dos fondos Next Generation.

Precisamente, sobre estes fondos europeos, o líder de UGT lamenta a "falta de coordinación" entre o Estado e as comunidades, con "dificultades na implantación".

Nun contexto de "altos índices" de pobreza e desemprego, Gómez emprazou á Xunta a un crecemento dos prezos de contratos públicos no sector servizos para facer fronte á "tremenda" inflación do 10%. "A día de hoxe non dan para pagar correctamente nóminas de traballadores", polo que considera que esa cláusula "é unha responsabilidade no marco do diálogo social" para que se "garanta un nivel de vida digna".

A preguntas da prensa, os sindicatos expresaron que Rueda se mostrou "sensible" a esta petición e "consciente" desta preocupación.

VALORACIÓN DE CC.OO

Pola súa banda, a secretaria xeral de CC.OO. indicou que foi unha primeira reunión "cordial" e "positiva". Incide en preocupacións como a "coordinación" entre administracións, do mesmo xeito que "pór en valor o dialogo social", "deostado por algúns partidos".

Tamén cre necesario a adopción de medidas fronte á "preocupante" inflación que padecen as familias e traballadores. Amelia Pérez mostrou o seu "compromiso" de seguir con estas reunións de "modo habitual" co presidente da Xunta, con base na "lealdade institucional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta