Unha de cada tres vítimas mortais nas estradas galegas non tiña o cinto de seguridade

O ano pasado producíronse 79 mortes en accidentes de tráfico, nove máis que en 2020.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/06/2022 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Unha de cada tres vítimas mortais en turismos e furgonetas nas estradas galegas non facían uso do cinto de seguridade, segundo informou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, tras presidir a comisión de tráfico e seguridade viaria, con presenza, entre outros representantes, da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

O ano pasado producíronse 79 vítimas en accidentes de tráfico en Galicia, nove máis que en 2020 e nove menos que o ano anterior, expuxo Miñones, que alertou do envellecemento do parque móbil e tamén do censo de condutores.

Así, en 2021 o 70% do total de accidentes mortais tivo como protagonistas vehículos de máis de dez anos. A franxa de idade con maior aumento no número de vítimas mortais foi a de 75 anos e superior. "Triplicamos as vítimas de máis de 75 anos ao pasar de catro en 2020 ás 10 rexistradas en 2021".

Tras expor estas cifras, Miñones apuntou que desde o Executivo, para reducir as cifras de sinistralidade, se traballa nos investimentos en infraestruturas e seguridade viaria; vixilancia nas estradas e "tolerancia cero" fronte aos que cometen sancións, con 245.201 denuncias por infraccións á seguridade viaria; 710.661 probas de alcoholemia e 13.824 de consumo de drogas.

En canto ás denuncias, seis de cada dez foron por exceso de velocidade, apuntou tamén o delegado do Goberno quen avanzou que se intensificarán as campañas nas estradas galegas. Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas aludiu ao plan de seguridade viaria autonómico co obxectivo de reducir os puntos negros e as cifras de sinistralidade en estradas galegas, ademais de incidir nas campañas de concienciación e a continuación do plan de sendas.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, preside a reunión da comisión autonómica de tráfico, con presenza tamén da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, preside a reunión da comisión autonómica de tráfico, con presenza tamén da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta