O Concello da Coruña aproba un paquete de medidas para mellorar a mobilidade na cidade

Ten un orzamento de 6.112.081,44 euros.

Por E.P. | A Coruña | 14/06/2022 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña aprobou este martes, na Xunta de Goberno Local, os expedientes de contratación para un paquete de cinco medidas orientadas á mellora na mobilidade na cidade, cun orzamento total de 6.112.081,44 euros correspondentes unha parte dos fondos Next Generation.

Dúas persoas pasean polo paseo marítimo da Coruña, co estadio de Riazor de fondo, a 3 de maio de 2020
Dúas persoas pasean polo paseo marítimo da Coruña, co estadio de Riazor de fondo, a 3 de maio de 2020 | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Segundo informa o goberno local, promoverase a monitorización e sensorización das zonas peonís reguladas e as zonas de carga e descarga ante a futura implantación dunha Zona de Baixas Emisións (ZBE) na Coruña que incluirá melloras na sinalización.

Ademais, porase en marcha unha campaña de sensibilización e concienciación dirixida á cidadanía. Tamén se deu luz verde á renovación integral do equipamento da sala municipal de control de Tráfico, entre outras medidas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta