Galicia suma outro milleiro de contaxios mentres continúan á baixa os ingresos

Rexistra dúas novas vítimas da pandemia, entre elas un home de 41 anos da área de Vigo con patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2022 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Galicia supera de novo os 9.000 casos activos de Covid-19 ao rexistrar 9.342, que implican 366 máis que a xornada anterior, tras detectarse outros 1.198 contaxios; mentres que as persoas hospitalizadas descenden a 424, que supoñen seis menos. As vítimas da pandemia aumentan a 3.546, ao sumar dúas máis, entre elas un home de 41 anos con patoloxías previas falecido na área de Vigo.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, segue 15 pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia e descenden a 409 os hospitalizados noutras unidades --seis menos--, mentres que 8.918 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o mércores 8 de xuño, había 441 ingresados, 20 deles en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en catro das sete: Ourense, Vigo, Santiago-Barbanza e Ferrol; mentres que se mantén na da Coruña e Cee; e aumenta lixeiramente nas outras dúas: Lugo e Pontevedra-O Salnés. Así, na de Vigo aínda que aumentan a catro os pacientes Covid en UCI --un máis--, descenden a 79 os doutras unidades --sete menos--; mentres que na de Santiago e Barbanza mantense un en críticos e descenden a 51 os doutras unidades --cinco menos--.

No caso da área de Ferrol continúa sen pacientes Covid en UCI --a única de Galicia-- e rexistra 22 noutras unidades --dous menos--; mentres que a de Ourense mantén un en críticos e rexistra 69 noutras unidades --un menos--. Pola súa banda, a área sanitaria da Coruña e Cee segue sen cambios con tres en críticos e 83 noutras unidades. Na de Lugo, polo seu lado, continúan dous ingresados pola Covid en UCI e aumentan a 48 os doutras unidades --seis máis--.

E na de Pontevedra e Cee redúcense a catro os pacientes Covid-19 en UCI --un menos-- e increméntanse a 57 os doutras unidades --tres máis--.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso por segunda xornada consecutiva no conxunto de Galicia, e sitúanse nos 9.342, que implican 366 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios, 1.198, que altas (831), ao que se engaden varios falecementos. O mércores anterior, 8 de xuño, había 8.263 infeccións activas.

O ascenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de da Coruña e Cee con maior incremento (+151), seguida da de Vigo (+73), Pontevedra e O Salnés (+61), Lugo (+38), Santiago e Barbanza (+16), Ferrol (+15) e Ourense (+11). Deste xeito, a área de Vigo continúa con máis casos activos, con 2.006; seguida da da Coruña e Cee, con 12.005; Santiago e Barbanza, con 1.544; Ourense, con 1.272 e Pontevedra e O Salnés, con 1.057. Por baixo do milleiro seguen as de Lugo, con 967; e Ferrol continúa á cola, con 483.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado martes, 14 de xuño, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulnerable, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia en maiores de 60 anos aumentou a 726,20 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatsl subiu a 589,82.

En Galicia a incidencia no grupo de idade de 60 a 69 anos ascendeu a 14 días a 682,73 casos por 100.000 habitantes; no de 70 a 79 anos a 723,51; e no de maiores de 80 anos subiu a 794,35.

MÁIS CONTAXIOS

Os contaxios na última xornada ascenden a 1.198 no conxunto de Galicia, que supoñen 272 máis que os 926 de martes, tras comezar esta semana comeza con 482 novos casos de Covid-19 abertos nas últimas 24 horas. Co novo protocolo xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral, salvo á vulnerable. O mércores 8 de xuño houbo 949 novos casos abertos.

Deste xeito, os contaxiados ascenden en Galicia a 628.962, dos cales 141.940 corresponden á área de Vigo; 130.242 á da Coruña e Cee; 100.014, á de Santiago e Barbanza; 76.755 á de Ourense; 71.820, á de Pontevedra e O Salnés; 69.072 á de Lugo; e 38.230, á de Ferrol.

Este martes pasado realizáronse 1.245 PCR en Galicia, que elevan a 3.918.096 as probas deste tipo feitas desde o inicio desta pandemia, e 2.179 test de antígenos, que supoñen 1.791.006 feitos na Comunidade galega desde o comezo desta crise sanitaria, o que implica 3.424 entre ambas --618 máis que o día anterior--.

E a taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- repunta a un 40,43 por cento no conxunto de Galicia, tras descender ao 28,37% o martes e arrincar esta semana no 30,42%. Por iso, segue por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS

As vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia rexistradas na web do Sergas ascenden 3.546 despois de notificar a Consellería de Sanidade este mércores dous óbitos de pacientes con patoloxías previas. Sanidade informou de que o pasado 5 de xuño morreu un home de 41 anos de idade na área sanitaria de Vigo e o día 11 unha muller de 76 na mesma área, ambos os pacientes con patoloxías previas.

Pola súa banda, desde o inicio desta crise sanitaria 616.148 persoas curaron da Covid-19 en Galicia, despois de recibir a alta outras 831 na xornada anterior.

UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - SERGAS.   / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - SERGAS. / Europa Press

VACINAS

Doutra banda, o proceso de inmunización contra a Covid-19 continúa nos hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) coa administración doutras 2.000 doses no marco das repescas, das cales unhas 150 foron para completar pautas. Así, as doses postas ascenden a 6.677.163. Con respecto á vacinación infantil, foron vacinados ata o momento 119.303 menores de 10 a 14 anos de idade e 92.704 de cinco a nove anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta