Un octoxenario ferido de gravidade tras ser atropelado en Monforte

Ocorreu na rúa Roberto Baamonte.

Por Europa Press / Redacción | Monforte de Lemos | 16/06/2022 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

Un home duns 80 anos de idade resultou ferido de gravidade ao ser atropelado este xoves no concello de Monforte de Lemos.Segundo informou a Policía Local, o suceso tivo lugar ás 10,17 horas na rúa Roberto Baamonte.

O home foi alcanzado polo vehículo cando cruzaba a calzada á altura dun negocio de venda de materiais de construción.

Ao momento acudiron os efectivos do 061, que atenderon o ferido e trasladárono ao hospital da localidade para recibir asistencia sanitaria.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta