As comunidades do Noroeste reclaman ao Goberno que reparta 20 millóns para danos causados polo lobo

No marco da última Comisión sectorial de Medio Ambiente, celebrada a semana pasada, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, interveu en nome das catro comunidades para defender a urxencia e a necesidade de que os fondos comprometidos sexan transferidos de inmediato polo Estado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2022 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León, que concentran nos seus territorios o 95% dos lobos de todo o país, urxen ao Goberno central a repartir entre as comunidades autónomas 2coa maior celeridade posible os 20 millóns de euros reservados nos orzamentos xerais do Estado a compensar os danos causados polo lobo.

No marco da última Comisión sectorial de Medio Ambiente, celebrada a semana pasada, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, interveu en nome das catro comunidades para defender a urxencia e a necesidade de que os fondos comprometidos sexan transferidos de inmediato polo Estado, tendo en conta que serán os respectivos Gobernos autonómicos os que terán que asumir a súa xestión e a repartición entre os gandeiros afectados nos seus territorios.

Nove meses despois de que o secretario de Estado de Medio Ambiente anunciase que o Goberno central destinaría 20 millóns de euros a tal fin, do Campo lembrou que Galicia e o resto de comunidades "seguen esperando pola territorialización" desta partida, un atraso que, subliñou, "en ningún caso pódese achacar" ás comunidades.

Neste sentido, explicou que, o pasado mes de maio e tras a reunión que mantiveron coa directora xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación, María Jesús Rodríguez, os representantes autonómicos de Galicia, Cantabria, Asturias e Castela e León remitiron por escrito as súas achegas e propostas con relación aos posibles criterios de repartición destes fondos.

Con todo, Belén do Campo lamentou que o Goberno central non incluíse na orde do día da Comisión sectorial o debate sobre a territorialización do orzamento asignado a paliar os danos do lobo, xa que iso significa que a distribución entre as Comunidades non se poderá aprobar aínda na próxima Conferencia sectorial, convocada para o vindeiro luns.

Lobo
Lobo | Fonte: Amigos da Terra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta