A Xunta envía medios para colaborar na extinción dos lumes de Zamora

Despraza tres equipos, compostos cada un por un axente, unha brigada e unha motobomba.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2022 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

Galicia colabora con Castela e León para facer fronte aos incendios que afectan a esta comunidade autónoma. A Xunta aprobou este xoves o envío de efectivos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios da Consellería de Medio Rural á zona máis afectada polos lumes, na provincia de Zamora, para axudar nos labores de extinción.

En concreto, desprazaranse este mediodía cara a esa área tres equipos, compostos cada un por un axente, unha brigada e unha motobomba. Así, o dispositivo galego está composto por máis dunha vintena de profesionais.

Deste xeito, Galicia mostra unha vez máis a súa disposición a cooperar con outras comunidades autónomas afectadas por incendios forestais, como xa ocorreu en anteriores ocasións en Castela e León, cos lumes rexistrados en Ávila en agosto do pasado ano, ou mesmo no ámbito internacional, coa axuda prestada a Portugal nos incendios de 2017, entre outras ocasións.

Motobombas do servizo de extinción de incendios de Galicia. XUNTA DE GALICIA
Motobombas do servizo de extinción de incendios de Galicia. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta