Leite Río asegura que "falta cabana" tralos gandeiros que decidiron vender as súas vacas

A conselleira delegada de Leite Río manifesta que "tanto os gandeiros como a industria" láctea "sofre" polos incrementos dos prezos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2022 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

A conselleira delegada de Leite Río, Carmen Lence, manifestou que "tanto os gandeiros como a industria" láctea "sofre" polos incrementos dos prezos, en definitiva pola alta inflación. Lence precisou que "o problema é que a día de hoxe hai falta de leite tanto en Europa como en Galicia". "Ao haber escaseza de leite estamos a ter a posibilidade de repercutir os prezos cos nosos clientes que son a distribución", subliñou.

A empresaria lucense destacou que "aos poucos hai que conseguir esas marxes que axudan a que os gandeiros teñan unha marxe digna, que poidan seguir coas súas explotacións e seguir crecendo". Ademais, lembra que "como consecuencia do inicio disto, en maio ou xuño do ano pasado, non se conseguían repercutir os custos e algúns gandeiros decidiron vender as vacas e agora hai falta de cabana". "Isto vai levar un tempo para que se recupere", sinalou.

A CEO de Río insistiu en que en Leite Río se recuperaron "ben". "Acabamos o ano 2021 con cifras de negocio por encima do 2019, o que é moi positivo", celebrou. "A empresa está a empezar a sacar produtos de valor engadido, estamos a traballar moito en innovación con toda a dificultade que isto ten e o investimento que require", sinalou.

Finalmente aproveitou para resaltar que "hai un recoñecemento da empresa tanto polos gandeiros, como polos empregados e a sociedade en xeral". "Para min é moi positivo", concluíu Carmen Lence.

Varias vacas leiteiras pastorean nunha granxa. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varias vacas leiteiras pastorean nunha granxa. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta