Dous detidos nunha operación no Salnés relacionada con narcolanchas entran en prisión provisional

Segundo informaron fontes xudiciais tras pasar a disposición xudicial este venres, ambos están investigados por un delito contra a saúde pública, contrabando e pertenza a organización criminal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2022 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 3 de Cangas decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza dos dous detidos esta semana un operativo na comarca do Salnés dunha peza separada que forma parte dunha máis ampla vinculada co achado no seu momento dunha embarcación lanzadeira para o transporte de droga, coñecida como narcolancha.

Segundo informaron fontes xudiciais tras pasar a disposición xudicial este venres, ambos están investigados por un delito contra a saúde pública, contrabando e pertenza a organización criminal.

Os detidos foron levados este venres para comparecer a partir das 10,00 horas no Xulgado de Instrución número 3 de Cangas, que instrúe esta causa.

O Xulgado de Instrución número 3 de Cangas, que dirixe a investigación, autorizou dúas entradas e rexistros este mércores pasado no marco desta peza separada, que forma parte dunha máis ampla vinculada co achado no seu momento dunha embarcación lanzadeira para o transporte de droga.

A Garda Civil levou a cabo esta semana unha nova operación antidroga na comarca pontevedresa do Salnés, en localidades como Vilanova de Arousa e A Illa, como continuidade a unha investigación previa relacionada con narcolanchas.

A operación, continuación dunha das anteriores na provincia de Pontevedra, realizouna o Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil na noite do martes ao mércores nos municipios de Vilanova de Arousa e A Illa, segundo fontes próximas á investigación consultadas por Europa Press.

Embarcacións intervidas pola Garda Civil e Policía Nacional nunha operación conxunta contra narcolanchas / Garda Civil e Policía Nacional. / Europa Press
Embarcacións intervidas pola Garda Civil e Policía Nacional nunha operación conxunta contra narcolanchas / Garda Civil e Policía Nacional. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta