Detido un home en Pontevedra por queimar cun cigarro e golpear á súa muller

Segundo informaron fontes oficiais da Policía Local, os feitos tiveron lugar o pasado 29 de maio, nun domicilio particular ao que acudiu unha patrulla de axentes municipais despois de que un veciño da zona dese a alarma ao escoitar "fortes golpes e berros".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2022 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Un veciño de Pontevedra de 46 anos foi detido pola Policía Local como presunto autor dun delito de violencia de xénero por agredir e insultar á súa muller, á que chegou a queimar no brazo cun cigarro.

Segundo informaron fontes oficiais da Policía Local, os feitos tiveron lugar o pasado 29 de maio, nun domicilio particular ao que acudiu unha patrulla de axentes municipais despois de que un veciño da zona dese a alarma ao escoitar "fortes golpes e berros".

Este particular sinalou que era "habitual" este tipo de comportamento, pero que ese día escoitara a unha muller gritar e a caída de obxectos ao chan.

Cando os axentes chegaron ao domicilio observaron diversos obxectos de cristal rotos e esparexidos polo chan. Segundo manifestoulles a muller, chegara ao domicilio sobre o cinco da madrugada e cando se dirixiu ao dormitorio principal a súa parella esperábaa fumando sobre a cama. Á súa chegada este home "comezou a insultala e a queimala cun cigarro nun brazo", segundo o seu relato, para posteriormente "golpeala co pau dunha escoba".

Ante estes feitos, os axentes procederon coa detención desta persoa, un home de 46 anos de idade, por un presunto delito de violencia de xénero.

Policía Local de Pontevedra.
Policía Local de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta