Deputados do PP cualifican como "nefasto e inaceptable" o novo mapa concesional de liñas de bus

Os parlamentarios, que presentaron estas dúas cuestións ao Executivo central, aseguran que "maltrata" a Galicia e deixa "a máis de 136.000 cidadáns sen parada, elimina 76 servizos interiores", co que "moitos galegos deberán facer transbordos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2022 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

Deputados populares solicitaron ao Ministerio de Transportes que convoque "de forma urxente" unha Conferencia Sectorial para debater coas Comunidades sobre o "nefasto e inaceptable" novo mapa concesional de liñas de autobús.

Concretamente, explica o PP nun comunicado, os deputados no Congreso Celso Delgado, Ana Vázquez, Ana Pastor, Diego Gago, Javier Bas, Juan Constenla, Jaime de Olano, Joaquín García, Marta González, Tristana Moraleja e María Valentina Martínez preguntaron ao Ministerio se rectificará e retirará o seu novo mapa concesional.

Os parlamentarios, que presentaron estas dúas cuestións ao Executivo central, aseguran que "maltrata" a Galicia e deixa "a máis de 136.000 cidadáns sen parada, elimina 76 servizos interiores", co que "moitos galegos deberán facer transbordos".

Lembran ademais que Galicia xa trasladou ao Ministerio que a proposta presentada é "un auténtico despropósito" que "incide no abandono do rural e que, baixo a escusa de que só prestan servizos de carácter interautonómico, suprime tráficos dentro da propia Autonomía que si se prestan na actualidade".

Así, segundo as estimacións dos populares, este recorte afectaría en Galicia a 23 municipios: Allariz, Ribadavia, A Rúa, Riós, Trasmiras e A Mezquita en Ourense; A Pontenova, As Nogais, Baralla, Chantada, Meira, Monterroso, Guitiriz, O Corgo, Pedrafita, Palas de Rei e Quiroga en Lugo; Forcarei, Lalín, Tui, Silleda e O Porriño en Pontevedra; e Melide e Arzúa na Coruña.

Autobús de Alsa transfronteirizo. ALSA
Autobús de Alsa transfronteirizo. ALSA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Primeiro foi o tren... agora tócalle ao bus... e Néstor Rego ¿semella que vai con retraso?