Restablecida a circulación ferroviaria con destino Galicia afectada polo lume na Serra da Culebra

Deste xeito e de forma progresiva, os trens de alta velocidade que unen Madrid e Galicia comezan a prestar servizo nesta liña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2022 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Adif recibiu esta mañá, ás 10.25 horas, permiso das autoridades para restablecer a circulación ferroviaria no tramo Zamora -Sanabria que desde onte se atopaba interrompida polo incendio na Serra da Culebra.

Deste xeito e de forma progresiva, os trens de alta velocidade que unen Madrid e Galicia comezan a prestar servizo nesta liña, informa Adif a través dun comunicado remitido a Europa Press.

Renfe está a informar a través de todas as súas canles de comunicación aos viaxeiros: nos trens, estacións, servizos de atención ao cliente, mediante sms ou mail, nas redes sociais, ou no teléfono 912 320 320 e na web renfe.com.

"Desde o inicio da afectación, Renfe destinou todos os seus recursos e esforzo para atender aos viaxeiros afectados por unha situación excepcional provocada por este incendio", conclúe o comunicado.

Tren AVE
Tren AVE | Fonte: Renfe - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta