Asistidos dous homes en Muros despois de chocar entre eles durante un partido de fútbol

Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar ao redor das 17,00 horas nun campo de fútbol localizado na Rúa Louro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2022 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Dous homes necesitaron asistencia este domingo no municipio coruñés de Muros tras chocar entre si nun partido de fútbol.

Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar ao redor das 17,00 horas nun campo de fútbol localizado na Rúa Louro. Foron varias os particulares que chamaron ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para os homes, feridos na cabeza. Un deles chegou mesmo a perder a consciencia.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron os profesionais sanitarios, que notificaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o lugar. Finalmente, ambos foron evacuados en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Sede do 112
Sede do 112 | Fonte: Axega 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta