Marea Atlántica levará unha iniciativa de reprobación contra o rei emérito ao Pleno da Deputación da Coruña

Nun comunicado, a formación política afeou que tras dous anos fuxido en Abu Dabi, non regresou --en referencia á súa última visita ao municipio pontevedrés de Sanxenxo-- para dar explicacións polos seus actos e os presuntos delitos que se lle imputan

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2022 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

Marea Atlántica levará ao Pleno da Deputación da Coruña, que se celebra o xoves 23 de xuño, unha iniciativa para reprobar o "comportamento" do rei emérito Juan Carlos de Borbón.

Nun comunicado, a formación política afeou que tras dous anos fuxido en Abu Dabi, non regresou --en referencia á súa última visita ao municipio pontevedrés de Sanxenxo-- para dar explicacións polos seus actos e os presuntos delitos que se lle imputan. "Regresou para participar nunha regata", lamentan.

Por iso, nesa moción instarán tamén o Congreso dos Deputados a investigar os indicios de delito na actividade do rei emérito, e a modificar o artigo 56 da Constitución, que lle atribúe ao monarca inviolabilidade ante a Lei.

Lembran ademais que a comezos de mes levaron unha proposta semellante ao Pleno do Concello da Coruña, rexeitada cos votos do PP e o PSOE.

"As actuacións de Juan Carlos de Borbón son proba de que manter a figura dun Xefe de Estado por encima da lei é unha idea incompatible cunha sociedade democrática. Dá lugar a comportamentos moi pouco exemplares, como desprazarse nun jet pago por un emir de Abu Dabi, vulnerando o código de conduta do que se dotou a propia Casa Real española", detallan.

A portavoz da Marea Atlántica, María García, e a alcaldesa da Coruña. CONCELLO
A portavoz da Marea Atlántica, María García, e a alcaldesa da Coruña. CONCELLO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Con esta iniciativas xa podemos estar tranquilos... pagar as facturas e encher os depósitos ! Claro que postos a roubar algún cantoautor seica debera pagar 2,5 Millóns € e ninguén fala del nos medios... Joaquín Sabina debe ter bula pontificia para roubar sen reproches da esquerda (?) Triste vivir no país dos ananos !