Os empresarios do transporte piden intervir o mercado de combustibles para evitar un "colapso total"

Din que poderían verse abocados a curto prazo a "un colapso total e á paralización da súa actividade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2022 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

A Asociación Empresarial do Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor) pide intervir o mercado dos combustibles "para evitar o colapso do transporte por estrada".

A través dun comunicado de prensa, Apetamcor advirte de que os transportistas que operan en Galicia "poderían verse abocados a curto prazo a un colapso total e á paralización da súa actividade", ao, matiza, "non poder absorber o incremento dos seus custos de explotación, agravados día a día pola escalada incontrolada e a volatilidade dos prezos dos combustibles".

"Sen que nada faga prever que vaia a producirse unha rebaixa dos prezos do gasóil, senón que moi pola contra, xa se augura unha maior crise enerxética, agravada ademais pola situación bélica que sofre Ucraína tras a invasión rusa, Apetancor reclama solucións urxentes por parte do Goberno español intervindo este mercado de forma extraordinaria", subliña.

No medio dunha conxuntura económica "tan crítica", engade, Apetamcor considera "inadmisible que uns dos grandes beneficiados desta crise sexan as grandes compañías enerxéticas", que, critica, "están a obter unhas ganancias escandalosas á conta dos pequenos consumidores".

Neste sentido, resalta "o caso dos beneficios extraordinarios de Repsol, que só no primeiro trimestre deste ano obtivo uns beneficios de 1.400 millóns de euros, máis do dobre dos que gañou no mesmo trimestre de 2021".

"Como proba da situación de abuso e especulación que sofre o mercado dos combustibles en España, Apetamcor destaca os datos que publicou a Comisión Europea a última semana do prezo do gasóleo antes de impostos en Francia que se situaba 16 céntimos máis baixos, polo que a pesar da maior fiscalidade sobre os carburantes no país galo o prezo nas gasolineiras é practicamente similar ao de España", expón.

Varios camións nunha marcha á entrada de Ferrol, durante o décimo día de paro nacional de transportistas
Varios camións nunha marcha á entrada de Ferrol, durante o décimo día de paro nacional de transportistas | Fonte: Raúl Lomba - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta