Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2022 | Actualizada ás 12:59
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu 27 persoas debido a 25 accidentes de tráfico rexistrados o pasado fin de semana en Galicia. O domingo foi o día con máis sinistros, cun total de 12.
Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 17 de xuño e as 23,59 horas do domingo 19 un total de 33 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 31. En concreto, as ambulancias realizaron 29 saídas; un helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia nun sinistro.
En 24 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en tres ocasiones recibiron atención no lugar do sinistro sen necesitar traslado. A proporción de homes atendida ascendeu ao 52 por cento e a de mulleres situouse no 48%. En canto ás idades dos feridos, o 37 por cento dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.
Por provincias, a de Pontevedra, con 10 sinistros, foi a que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da de Ourense, con seis; A Coruña, con cinco; e Lugo, con catro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.