Una accidente múltiple na rotonda da AP-53 coa AP-9 en Santiago deixa varios feridos

Por parte do 112 Galicia puntualizaron que Protección Civil de Santiago apuntou que varias persoas feridas foron atendidas por persoal sanitario, mentres que dous dos tres carrís da vía na zona foron cortados a causa do accidente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2022 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

Un accidente con tres vehículos implicados rexistrado na tarde deste luns na rotonda da AP-53 coa autoestrada AP-9 saldouse con dúas persoas feridas en Santiago de Compostela.

Así o informaron a Europa Press fontes do 112 Galicia, que sinalaron que este sinistro tivo lugar uns minutos antes das 16,00 horas deste luns con tres vehículos implicados.

Debido ao sinistro foron mobilizados o 061, os Bombeiros de Santiago, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil da capital galega e persoal de mantemento da estrada.

En concreto, fontes do Instituto Armado puntualizaron a Europa Press que o sinistro tivo lugar no quilómetro 1,200 da AP-53 sentido Santiago debido á colisión por alcance de tres vehículos, o que se saldou con dous feridos leves e tres persoas ilesas.

Por parte dos Bombeiros de Santiago confirmaron que non tiveron que excarcerar a ningunha das persoas que ían nos vehículos sinistrados.

Fontes do 112 Galicia puntualizaron que Protección Civil de Santiago apuntou que varias persoas feridas foron atendidas por persoal sanitario, mentres que dous do tres carrís da vía na zona foron cortados a causa do accidente.

Sede do 112
Sede do 112 | Fonte: Axega 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta