A facturación da industria galega é a que menos crece no Estado en abril

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

A facturación da industria galega crece un 10% en abril en comparación co mesmo mes de 2021, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores.

Este incremento é o menor entre comunidades en España, por detrás de Madrid (+10,5%). Está lonxe do aumento medio no país (+23,1%). No outro extremo está o repunte de Murcia (+62,9%). No entanto, as vendas volven a terreo positivo no caso galego, xa que en marzo sufrira unha caída (-7%). En cambio, a facturación no país encadea 14 meses de ascenso interanual.

Na media no que vai de ano, entre entre xaneiro e abril, a cifra de negocios de Galicia tamén é a que menos crece no Estado, cunha alza do 7,4%. Trátase da única comunidade cuxo ritmo de crecemento non é de dobre díxito. Está lonxe do 19,6% de media do país.

Operarios de pintura da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo (Pontevedra).. VICTOR CAMESELLE / VICTOR CAMESELLE - Arquivo / Europa Press
Operarios de pintura da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo (Pontevedra).. VICTOR CAMESELLE / VICTOR CAMESELLE - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta