O fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo gaña o XVI Premio Luís Ksado de creación fotográfica

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/06/2022 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

A colección 'Lume', sobre a traxedia dos incendios forestais e as consecuencias do cambio climático, foi seleccionada como gañadora do XVI Premio 'Luís Ksado' de creación fotográfica, que convoca a Deputación da Coruña e que, unha vez aberta a plica, resultou ser obra do fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo.

O xurado que valorou o total das coleccións presentadas nesta edición estivo composto por Andrea Costas Lago, Maria Phyliss Sarxa Mann, Silvia Omedes Alegre, Judith Prat Molet e Eduardo Rodríguez, e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto.

No seu informe, o xurado destacou da colección 'Lume' a actualidade do tema "contado nunha secuencia que visualiza o drama humano e o ecolóxico". "Todo na liña do máis puro fotoperiodismo, onde a narrativa visual fai fincapé nas persoas que viven intres de tensión".

"Doce fotos en cor que cada unha ten vida propia e á vez o conxunto conta unha historia" indica o xurado na acta. Destaca, ademais, "a capacidade do autor para narrar visualmente unha historia en imaxes, xa que a colección ten unha narrativa exquisita que mostra unha proximidade física ao tema non só nos momentos do incendio, senón despois, as consecuencias".

Premio Luís Ksado. XURXO LOBATO
Premio Luís Ksado. XURXO LOBATO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta