Pontón ve "insuficiente" a baixada do IVE para atallar a subida da luz e pide intervención pública

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 22/06/2022 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera "insuficiente" a baixada do IVE para atallar a "escalada" do prezo da luz e propón medidas "contundentes", como a "intervención pública" do mercado para fixar prezos máximos de luz e carburantes.

Ademais, reclama subir os impostos ás grandes enerxéticas, tanto eléctricas como petroleiras, que se "están forrando a base de especular", xunto cunha tarifa eléctrica galega, que "compense" a Galicia por ser produtora neta de electricidade.

Coa mirada posta en Galicia, a dirixente nacionalista reclama ao Goberno do PP que "saia do seu letargo" e ínstalle a "mobilizar" 700 millóns de euros para paliar os efectos da crise de prezos.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, á súa chegada a unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a 6 de xuño de 2022 / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, á súa chegada a unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a 6 de xuño de 2022 / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta